alt

INICIO DAS OBRAS DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL DO CASTRILLÓN.
  
[11/05/2020]
 

 

  O pasado 8 de maio de 2020 firmouse a acta de reformulo e inicio das obras do Centro Deportivo do Castrillón.    

 

O centro está promovido polo Concello da Coruña a través da súa Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), co fin de dotar ao barrio dun complexo de servicios múltiples de aparcadoiro, zonas comerciais e deportivas. O complexo integrouse no barrio ao haberse simultaneado a súa construcción con diversas obras de urbanización de gran calado na contorna.

 

A redacción do proxecto técnico fui adxudicada, mediante procedemento público,  en data 20 de decembro de 2018 o estudo de arquitectura DÍAZ&DÍAZ Arquitectos S.L.. O documento técnico obtivo licencia de obra por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de A Coruña en data 24 de maio de 2019.

O Consello de Administración de EMVSA, en sesión celebrada en data 5 de febreiro de 2020, adxudiou o contrato de obras de construcción dunha parcela dotacional pública situada no barrio do Castrillón a empresa DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS S.L.

O prazo de execución previsto para a finalización das obras e de 295 días, contando o Centro Deportivo cunha superficie construida de máis de 3.400 m2 .

O Centro Deportivo contará co seguinte programa de usos:

Planta primeira:
1. Pista polideportiva – De dimensións 23,50 x 44,40 m. que conta coa instalación dunha grada retráctil para 100-120 espectadores habilitada para acoller diversas disciplinas deportivas. Divisible en duas mediante un sistema de cortinas.
2. Piscina – SPA.- cun vaso de natación e unha piscina de hidromasaje (spa), zona de saunas con sauna seca e sauna de vapor, zona de duchas con cinco cabinas destinadas a ducha cubo, ducha escocesa, ducha bitérmica e ducha tres estacións, fonte de xeo e pediluvio.
3. Salas de actividades deportivas, ocio e saude.- Duas salas de actividades específicas (pilates, stretching, etc), sendo unha delas divisible en duas salas diferenciadas mediante paneis móbiles.
4. Vestiarios, servizos e fisioterapia.- Adecuados para dar servizo tanto a zona polideportiva como a zona húmida de maneira independente. Contan cunha zona masculina e feminina. Sala de fisioterapia e masaxes localizada xunto a zona SPA con acceso dende a  zona húmida e seca
5. Área social e de administración.- Oficinas de administración, vestiarios do persoal e posto de enfermería e socorrismo.
Planta segunda:
6. Área de actividades deportivas, ocio e saude.- Conta cunha sala de actividades cardiovasculares e de musculación (aerobic, aparatos, etc), e unha sala de actividades específicas
(pilates, stretching, etc) divisible en tres salas diferenciadas mediante paneis móbiles.
7. Aseos - Aseo masculino e feminino previo ao control de acceso para espectadores da pista polideportiva.
Planta baixa:
8. Acceso.- Entrada ao recinto..

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige