alt

FINALIZADA A  AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DEPORTIVO DE MATOGRANDE
[20/11/2016]
 

Este ano 2016  se finalizaron as obras de ampliación do equipamento deportivo existente na parcela dotacional pública do polígono de Matogrande, promovidas por EMVSA.

Estas obras comportaron a ampliación da superficie do ximnasio en aproximadamente 500 m2, cunha nueva sala de cycling e deixando a actual localización do ximnasio para salas de actividades, así como a instalación de catro novas pistas de padel e diversos locais de servizos como unha clínica deportiva.

 

Na actualidade o centro deportivo conta con nove pistas de padel e un ximnasio de 1.400 m2 cunha importante variedade de actividades como Ciclo, Pilates, Bosu, Cross Circuit, Latino, Body Pump, Body Combat, etc.

 

As obras de ampliación aumentaron a oferta dispoñible nesta parcela municipal situada en Matogrande, na que hai que lembrar que tamén se localiza un aparcadoiro subterráneo de 3 plantas e máis de 600 prazas de garaxe, un local comercial e unha cafetería en planta baixa, ademáis do propio edifico deportivo que conta con outros servizos complementarios.

 

 

 

 

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige