CONVOCATORIA DE BOLSAS DE PROFESIONAIS.
[28/03/2016]
 

A Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades S.A.U. (EMVSA) convoca cinco bolsas de profesionais, para seren cubertas con persoas, asociacións e colectivos de profesionais con capacidade para ser adxudicatarios de contratos de prestación de servizos de Arquitetura; Arquitetura Técnica; Enxeñería de Camiños, Canais e Portos; Enxeñería de Obras Públicas e Deseño Gráfico e de Produto.


As persoas, asociacións e colectivos profesionais interesados deberán remitir á dirección de correo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it , no prazo máximo de dez días desde a publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, un Curriculum vitae Europeo, cun máximo de dúas carillas, acompañado dun portfolio de máximo oito carillas.

Máis información e bases da convocatoria no apartado "perfil do contratante" desta páxina web.
 
 

 

 

 
.

 

 

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige