Perfil del Contratante


Pdf con instrucciones para la contratación no sujeta a regulación armonizada en EMVSA
(Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades S.A.)

 

Acceda a la plataforma de contratación del estado

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE PROFESIONAIS

Data de actualización: 12/12/2016

 

I.- Convocatoria 

A Empresa Municipal Vivenda, Servizos, e Actividades S.A.U. (EMVSA) convoca cinco bolsas de profesionais, para seren cubertas con persoas, asociacións e colectivos de profesionais con capacidade para ser adxudicatarios de contratos de prestación de servizos de Arquitetura; Arquitetura Técnica; Enxeñería de Camiños, Canais e Portos; Enxeñería de Obras Públicas e Deseño Gráfico e de Producto.

 

As persoas, asociacións e colectivos profesionais interesados deberán remitir á dirección de correo electrónico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it , no prazo máximo de dez días desde a publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, un Curriculum vitae Europeo, cun máximo de dúas carillas, acompañado dun portfolio de máximo oito carillas.

 

Máis información nas oficinas de EMVSA, situadas na rúa Manuel Murguía s/nº, edificio "Casa da Auga", 1ª planta, A Coruña, ou no número de teléfono 981 910 460, todo elo en horario laboral de 08:00 a 15:00 horas.

 

II.- Bases da convocatoria   PDF

 

III.- Estado da tramitación

- Inicio do procedemento: 28 de marzo de 2016.

- Anuncio informativo publicado no xornal La Opinión de A Coruña o día 29 de marzo de 2016.

- Prazo de presentación de curriculums e portfolio: dez días desde a publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia.

- Publicación no Boletín Oficial da Provincia do 5 de abril de 2016 das bases polas que se rexe a convocatoria.

- Finalización do prazo de presentación de documentación: sábado 16 de abril de 2016, ás 23:59 horas.

- Como consecuencia do elevado número de documentación e información recibida (ao redor de 460 solicitudes de inclusión nas bolsas), actualmente estase finalizando a súa revisión. En próximas datas publicaranse nesta páxina web as listaxes por orde alfabética coas persoas que cumpren os requisitos administrativos da convocatoria.

- Listaxe por orden alfabétido dos profesionais que foron admitidos no procedemento. pdf


 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige