EMVSA REALIZA UN ESTUDO ESTADÍSTICO GLOBAL DO PARQUE INMOBILIARIO DA CIDADE.
[28/05/2017]
 

EMVSA realiza un estudo estadístico do parque inmobiliario da cidade da Coruña que sirva de base para a programación e execución de políticas municipais de todo tipo: vivenda, rexeneración urbana, infraestructuras, educativas, sanitarias, de contido social, etc.


O estudo deberá servir de base para priorizar zonas de investimentos e de actuación, de tal maneira que se poidan suplir as eventuais carencias das citadas zonas.

O estudo deberá tamén profundar na detección de vivendas baleiras e nos mecanismos para a súa posta en valor. Identificará a heteroxeneidade dos distintos barrios da cidade e as súas áreas preferentes de impulso á rexeneración urbana.
 
Así mesmo impulsurá medidas para previr a emerxencia habitacional e a exclusión residencial, aparte de establecer zonas de preferencia para reactivar o sector da rehabilitación e para efectuar melloras de accesibilidade.
 
Non hai que esquecer que o dereito a vivenda e á cidade supón aplicar un enfoque integrador e inclusivo ás estratexias de mellora da calidade urbana, garantindo un acceso igualitario da cidadanía aos servizos públicos e un equilibrio entre os distintos barrios da cidade.
 
Segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbanam os poderes públicos formularán e desenvolverán, no medio urbano, políticas da súa respectiva competencia, de acordo cos principios de competitividade e sustentabilidade económica, social e ambiental, cohesión territorial, eficiencia enerxética e complexidade funcional.
 
Por iso, o estudo que se realiza ten en conta tales principios a fin de executar as políticas que resulten precisas para a súa consecución. Podes atopar máis información no seguinte enlace pdf
 
 

 

 

 
.

 

 

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige