CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL DO CASTRILLÓN.
[27/09/2017]
. No primeiro semestre do ano 2017 finalizáronse as obras exteriores do edificio que albergará o futuro centro deportivo do Castrillón, quedando pendente a definición e execución das obras interiores da zona deportiva
O centro está promovido polo Concello da Coruña a través da súa Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), co fin de dotar ao barrio dun complexo de servicios múltiples de aparcadoiro, zonas comerciais e deportivas. O complexo integrouse no barrio ao haberse simultaneado a súa construcción con diversas obras de urbanización de gran calado na contorna.
O edificio conta cunha superficie total construída de máis de 7.300 m2, repartidos en catro plantas (soto, planta baixa - local comercial, planta primeira e planta segunda).
O equipamento deportivo dispoñerá de máis de 3.000 metros cadrados útiles, entre os que localizamos:
-Aparcadoiro púiblico para os socios, na planta semisoto
-Recepcion e control de accesos.
-Vestiarios feminino, masculino, adaptado e mixto.
-Tres salas para actividades dirixidas.
-Unha gran sala de fitness para adestramento libre de máis de 350 m2.
-Pista polideportiva.
-Piscina con 4 ruas de 2,5 metros de ancho e 25 metros de longo.
-Zona termal con: baño de vapor, sauna seca, ducha cubo, ducha tres estacións, ducha bitérmica, ducha escocesa, pediluvio, pileta de agua fría e spa de hidromasaxe.
Algunhas das actividades deportivas propostas son as seguintes: Bike e Bike Xpress; Body Pump, Body Combat e Body Balance; GAP; Pilates; Step; Aerobic; Maiores en forma; Fitness infantil e junior; así como actividades na piscina e cursos de natación.
EMVSA consultou en 2016 á veciñanza a fin de dispoñer de suxestións e peticións para optimizar o funcionamento diario do centro deportivo. Por iso puxo a disposición pública unha enquisa con diversos obxetivos: definición de horarios, concreción de actividades a desenvolver no centro, recollida de suxestións, etc.
Recentemente abriuse ao público a zona comercial do edificio.