EMVSA IMPULSA UN PROGRAMA DE VIVENDA CON DESTINO A COLECTIVOS CON DIFICULTADES.
[16-01-2018]
 

Mediante acordos da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña dos días 26 de outubro e 1 de decembro de 2017, encomendouse á Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades S.A.U. (EMVSA) a posta en funcionamento dun banco de vivendas con destino a colectivos con dificultades de acceso á vivenda, tales como mozos, maiores, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas afectadas por procesos de desafiuzamento e, en xeral, persoas con dificultades sociais e económicas para o acceso ao hábitat digno ou mantemento da súa vivenda.


O primeiro dos referidos acordos publicouse no Boletín Oficial da Provincia do 10 de novembro de 2017.

Como consecuencia dos ditos acordos, se iniciaron as actuacións da encomenda cas seguintes accións principais para o ano 2018:
 
      a) Asunción pola empresa municipal do programa xestionado no ano 2017 pola Fundación Galicia Obra Social no marco do programa para a intervención social integral para a atención, prevención da marxinazión e inserción do pobo xitano e a minoría xitana.
 
         b) Apoio á área de Rexeneración Urbana, dereito á vivenda e mobilidade sostible do Concello da Coruña, procurando vivenda en supostos de especial emerxencia e vulnerabilidade e segundo criterios do Plan de Acceso ao Hábitat Digno, aprobado pola Xunta de Goberno Local no día 17 de xuño de 2016. 
 
 

 

 

 
.

 

 

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige