EMVSA SUSPENDE O SERVIZO DE BICICORUÑA, A PARTIRES DO 13 DE XUÑO, PARA RENOVALO.
[09-06-2022]
 

Desde hai uns días comezouse a renovar o servizo de Bicicoruña, a data de hoxe 9 de xuño de 2022, xa se instalaron 13 estacións das 23 que ten actualmente o sistema. Para poder instalar os 10 restantes haberá que pechar o servizo durante aproximadamente 30 días, por tanto a partir do próximo 13 de xuño pecharase o actual servizo para proceder ao desmonte do sistema actual e instalación do novo sistema que entrará en funcionamento a última semana de xuño.

 
Os actuais usuarios de Bicicoruña que teñan o seu abono activo, poderán acceder directamente ao novo servizo tramitando a activación do seu abono nas novas aplicacións do servizo. Respectarase o tempo de abono que quedaba por gozar desde a data no que o sistema actual deixe de prestar servizo e engadiránselles 15 días máis como compensación extra por eses días sen servizo.

O novo sistema iniciaríase coas 23 estacións que actualmente ten o servizo e paulatinamente, conforme vaian finalizando as obras complementarias para a instalación das novas estacións, iranse incorporando ao sistema ata alcanzar as 55 estacións.

As localizacións tivéronse que reaxustar buscando unha maior seguridade para os cidadáns, para os propios usuarios, e para que o servizo de mantemento poida realizar os traballos de xestión nas condicións adecuadas. Outro condicionante para escoller as localizacións, é a necesidade de acometida eléctrica independente para asegurar, o bo funcionamento dos diferentes elementos do sistema, e a carga das bicicletas



 

 

 

 
.

 

 

 

Emalcsa

Concello Coruña

bicicoruña

elige

elige